
A Asociación de Acción Social e Cultural Nacionalistas do Ribeiro organiza este vindeiro sábado 31 de Outubro o 1º Concurso de Cabazas de Santos.
Haberá agasallos para tod@s e un premio para a autora ou autor da mellor cabaza.
Máis información sobre o evento en Facebook: www.facebook.com/concursocabazas
De onde ven a tradicion de tallar cabazas?
Para afastar dos seus castros ás perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, cabazas ou calabazotes.
En que data se facía isto?
O calendario celta dividía o ano en dúas metades, a metade escura comezando no mes de Samonios, lunación outubro-novembro, e a metade clara, comezando no mes de Giamonios, lunación abril-maio.
Considerábase que o ano comezaba coa metade escura, así Samonios convertíase no ano novo celta. O Samaín era a festividade máis importante, na que se celebraba o final da tempada de colleitas e era considerada como o “Ano Novo Celta”.
Esta festividade céltica do Samaín descríbese como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesta data, tiñan autorización para camiñar entre os vivos, dándoselle á xente a oportunidade de reunirse cos seus antepasados mortos.
Son costumes ancestrais propias do país as de deixar un oco na mesa ou racións de comida para os defuntos ata facer colares coas castañas novas.
Máis información: Galipedia, Galiza Celta e Galicia-Hoxe.