
O domingo 1 de febreiro ás 12:00 horas procedíase á inauguración do local social de Nacionalistas do Ribeiro. Un moderno e amplo local sito en Paradela, Castrelo de Miño, fronte ás intalacións do Clube Náutico, habilitado como centro de reunións e sala de exposicións.
Neste primeiro día, a asociación comezou o seu ciclo de exposicións con Os tempos son chegados, centenario do Himno Galego, exposición da Vicepresidencia da Xunta de Galiza.

Estiveron presentes na inauguración veciñas e veciños de Castrelo de Miño e do Ribeiro, e destacados membros da Xunta de Galiza, como o delegado en Ourense da Vicepresidencia Chema Ferreiro, o director xeral de infraestruturas Xosé Carballido, ou o director xeral da Consellería de Cultura e Deporte Xosé Carlos Sierra, que xunto á alcalde de Castrelo de Miño Xurxo Rodríguez Méndez e a Presidenta de Nacionalistas do Ribeiro Xosefina Alvarez lles ofreceron unhas palabras aos presentes.