
A «asociación de acción social e cultural» Nacionalistas do Ribeiro está ultimando unha exposición sobre un dos episodios históricos máis emblemáticos do pasado século en Galicia: as mobilizacións veciñais contra o proxecto de Fenosa para alagar o val máis fértil do Ribeiro co obxectivo de crear un dos seus encoros. En Castrelo de Miño inaugurouse onte o local social desta entidade que leva dous anos en funcionamento, aínda que como recordou a súa presidenta Xosefina Álvarez no acto «ata ou de agora non tiveramos a oportunidade de conseguir un local coma este para desenvolver as nosas actividades». A presidenta de Nacionalistas do Ribeiro indicou que unha vez que xa se conta cunha sede estable para o colectivo, no mesmo poderanse desenvolver os cursos e talleres que vai promover a asociación e que xa se traballa na organización de varias exposicións: unha colectiva coa obra de artistas da comarca do Ribeiro e outra sobre gravadores galegos históricos.
Ademais de devanditas mostras, o colectivo ten moi avanzada a recollida de material para a exposición sobre as mobilizacións contra o encoro de Castrelo de Miño. A inauguración da sede de Nacionalistas do Ribeiro contou coa presenza do alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez, e de representantes institucionais como Xosé Carballido, Xosé Carlos Sierra e Chema Ferreiro.
No acto tamén se inaugurou a exposición Os tempos son chegados, sobre o centenario do himno galego.
Fonte: La Voz de Galicia